Blogia
vgomez

RESPOSTAS AOS TÓPICOS SOBRE MEDIO AMBIENTE E RECICLAXE II

2. O cambio climático é mentira

Cambio climático / Imaxe: latinclima.org

E como explicas os fenómenos meteorolóxicos extremos que vive o mundo? O cambio climático non é mentira nin algo que se vaia a producir no futuro, senón un problema actual que se estende a todas as rexións do planeta e que nos afecta de distintas formas.

As emisións de gases contaminantes á atmosfera provocaron un incremento da temperatura do planeta dun grao centígrado con respecto aos niveis anteriores á revolución industrial, segundo o último informe elaborado por un o grupo de científicos asesores da ONU en materia de cambio climático (IPCC). O quecemento global xa produciu o aumento de fenómenos extremos como o incremento do nivel do mar ou o desxeo no Ártico. 

O  IPCC advirte que de non reducirse as emisións de CO2 á atmosfera, “é probable que se chegue a un aumento de 1,5 graos centígrados entre 2030 e 2052, incumprindo así o obxectivo máis importante establecido no Acordo de París, o que podería traer consecuencias catastróficas para o noso planeta”.

Segundo datos facilitados pola Comisión Europea, entre 1980 e 2011, as cada vez máis frecuentes inundacións son o resultado do cambio climático. Afectaron nese período de tempo a máis de 5,5 millóns de persoas e causaron perdas económicas directas por máis de 90.000 millóns de euros.

Outra das consecuencias actuais do cambio climático son as ondas de calor, os incendios forestais e as secas con maior impacto nos países en vías de desenvolvemento, cuxos habitantes adoitan depender máis da contorna natural e teñen menos recursos para facer fronte a estes problemas.

O máximo organismo europeo tamén sinala que “o cambio climático está a producirse tan rápido que moitas especies de plantas e animais están a ter problemas para adaptarse”. Moitas se tiveron que trasladar a outros hábitats e outras corren un grave risco de extinción se as temperaturas medias globais seguen subindo de maneira descontrolada.

FONTE: verne/elpais.com

0 comentarios