CANTO SABES SOBRE A INTERNET VII
A contestación correcta á pregunta do día anterior é o Cóndor. Iste era o alias de Kevin Mitnick é un dos hackers estadounidense máis famosos da historia, senón o que máis. Esta “pantasma dos cables” comezou a súa carreira como hacker aos 16 anos, rompendo a seguridade do sistema administrativo do seu colexio. Cunha historia que saltou á gran pantalla, Mitnick foi considerado polo Departamento de Xustiza de Estados Unidos como “o criminal informático máis buscado da historia dos EEUU”.
E imos coa pregunta de hoxe:
7. Das que che presento, que rede social naceu primeiro?
- LinkedIn
- Facebook
- Twitter
- Instagram
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muyinteresante.es
0 comentarios