Blogia
vgomez

HUMOR REAL: "INCENDIOS"

Levamos uns días onde os incendios aparecen por todo o noso país. Iste é o tema que o humorista gráfico Davila trata hoxe na súa viñeta no xornal Faro de Vigo.

Galicia é unha Comunidade Autónoma cunhas importantes aptitudes forestais. De feito é unha das poucas nas que se pode falar con propiedade da existencia dun auténtico sector forestal. Dúas terceiras partes da superficie forestal de Galicia  teñen a  consideración de forestais.

Os incendios forestais poden constituír unha ameaza para o desenvolvemento rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social de Galicia.

Non aprendemos. E iso que aínda non chegou o verán!

0 comentarios