CANTO SABES SOBRE A INTERNET XI
A contestación correcta á pregunta do día anterior é Corea do Sur. Grazas aos datos recompilados por Akamai no seu “State of the Internet” concluímos que Corea do Sur, é o único que supera os 20 Mbps de velocidade media de acceso, seguido de Suecia, Noruega, Suíza, Hong Kong, Holanda ou Xapón. Libia, Afganistán, Venezuela ou Cuba atópanse á cola.
E imos coa pregunta de hoxe:
11. Lembras que buscador era o máis popular antes da aparición de Google?
- Bing
- Yahoo!
- Excite
- Altavista
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muyinteresante.es
0 comentarios