ANTE A HOMOFOBIA, CALAR NON É UNHA OPCIÓN
Nando López é un dos dramaturgos e novelistas españois novos máis sobresaintes da súa xeración. A literatura deste escritor finalista do Premio Nadal, está moi relacionada co universo novo e adolescente que coñece ben grazas aos seus máis de dez anos como profesor nun instituto público e aos seus numerosos encontros literarios con estudantes de secundaria e bacharelato. Entre os seus temas destacan a educación, a intolerancia, a homofobia así como os conflitos máis cotiáns da realidade adolescente e xuvenil. Para Nando López, educar na igualdade e a convivencia é a arma principal de construción dun futuro próspero para a sociedade: “Educar na igualdade é ir ao corazón da verdadeira educación”. Autor de novelas como “A idade da ira” ou “Malditos #16” a literatura de Nando López é un canto á igualdade, á liberdade e á diversidade; unha invitación para que se escoite a voz dos mozos. Unha das súas últimas obras é “Ninguén nos oe”, novela na que mergulla ao lector nalgúns dos problemas máis perentorios da nosa sociedade. O autor, declárase un firme crente do poder da literatura para, se non cambiar a realidade, si obrigar ao lector para reflexionar sobre ela: “Estou firmemente convencido de que a literatura é unha forma de romper a nosa soidade, de romper os nosos medos e de construírnos, de ser máis libres”, conclúe.
0 comentarios