Blogia
vgomez

O PRIMEIRO VOO DO STRATOLAUNCH

O Stratolaunch, no seu primeiro voo de proba sobre o deserto de Mojave (California). o venres 13 de abril / France Pres/elpais.com

Stratolaunch, o avión máis grande do mundo, voou este sábado por primeira vez, segundo as imaxes difundidas nas redes sociais por testemuñas do despegamento. É un avión que leva desenvolvendo durante anos a compañía dedicada ao lanzamento de foguetes Stratolaunch Systems, impulsada por Paul Allen, o finado fundador de Microsoft.

O despegamento tivo lugar nas instalacións onde se desenvolveu o aparello, no deserto de Mojave, en California, ao norte dos Ánxeles. O avión máis grande do mundo ten unha envergadura de 117 metros, superior ao longo dun campo de fútbol e maior que a de calquera outro avión, aínda que a lonxitude da súa dobre fuselaxe (do morro á cola), 72 metros, é inferior á dalgúns avións comerciais. Está equipado con seis grandes motores como os usados nos Boeing 747. É tan grande que ten dúas cabinas, unha en cada fuselaxe, pero só úsase unha para pilotalo.

O aparello está especialmente deseñado para o lanzamento de satélites. Pode alcanzar unha altura de 35.000 pés (algo máis de 10,5 quilómetros) e desde aí soltar foguetes que se acendan e sitúen en órbita os satélites que transporte.

Decenas de fotógrafos, afeccionados á aeronáutica e especialistas presenciaron o primeiro despegamento do aparello. O avión máis grande do mundo está fabricado principalmente de fibra de carbono para ser á vez lixeiro e resistente e ter unha gran capacidade de carga.

FONTE: cincodias.elpais.com

0 comentarios