Blogia
vgomez

A MISIÓN CHINA CHANG'E 4 APORTA OS PRIMEIROS RESULTADOS: RESTOS DUN MAR DE LAVA NA CARA OCULTA DA LÚA

Imaxe tomada polo robot de exploración chino Yutu-2 no cráter Von Kármán / CLEP/CNSA

Desde xaneiro deste ano, un pequeno robot chinés está a atravesar a zona catastrófica máis antiga do Sistema Solar. Trátase da conca Aitken, un enorme cráter na cara oculta da Lúa formado polo impacto dun meteorito de 170 quilómetros hai uns 3.900 millóns deanos. É a primeira vez que un vehículo robótico percorre este territorio e, como era de esperar, está a facer descubrimentos importantes.

Os científicos da misión chinesa Chang’e 4, a primeira que aterrou con éxito na cara oculta da Lúa, cren atopar restos do manto lunar, a capa interna que se oculta baixo a codia e da que ata agora non había apenas evidencias.

A Lúa é un pedazo da Terra arrincado polo impacto de Theia, un asteroide do tamaño de Marte, nas orixes do sistema solar, hai uns 4.500 millóns de anos. Foi un cataclismo tan violento que o noso planeta desapareceu durante unhas horas. Unha pequena parte saíu despedida e mesturouse cos restos de Theia, convertidos en rocha fundida tras o golpe. Durante un tempo o satélite quedou cuberto por un océano de lava ardente no que os materiais máis pesados foron cristalizando no fondo e os máis lixeiros quedaron na superficie, de onde os primeiros astronautas recolleron abundantes mostras nas décadas de 1960 e 1970. Dende entón foi un misterio cal é a composición da Lúa máis aló da súa capa máis externa.

O robot Yutu-2 aterrou en xaneiro deste ano no cráter Von Kármán, unha conca duns 180 quilómetros de diámetro que á súa vez está dentro do cráter de Aitken, que con 2.500 quilómetros de lado a lado é un dos máis grandes que se coñecen. A cara oculta da Lúa está repleta de cráteres como estes, moitos deles formados durante unha violenta etapa da historia do sistema solar coñecida como bombardeo intenso tardío. A cara visible da Lúa tamén quedou arrasada por esta descarga, pero neste caso os buracos asolagáronse de lava volcánica que ao secarse formou as grandes chairas coñecidas como mares que se aprecian na actualidade.

O impacto en Aitken foi tan violento que penetrou máis aló da codia lunar e destapou o manto esparcindo o seu contido pola superficie. Nun estudo publicado onte na prestixiosa revista Nature, científicos da Academia Nacional de Ciencias de China explican que o espectrómetro de luz visible e infravermella do Yutu-2 mostra que a composición do terreo é diferente á do regolito nos mares do satélite. Os minerais teñen un alto contido de olivina e outros compostos densos, do tipo que puideron quedar nas capas máis profundas do mar de lava.

Estes poderían ser os primeiros indicios claros do manto lunar que saíron á superficie tras o enorme impacto que formou a conca  Aitken”, recoñece o director do Grupo de Traballo para a Exploración Lunar da Axencia Espacial Europea, que colaborou con China na misión Chang’e 4.

 Os datos de Yutu-2 poden ter implicacións importantes para determinar a composición do manto externo, así como desvelar a profundidade, velocidade de arrefriado e viscosidade do vello mar de lava que cubría a Lúa. 

FONTE: Nuño Domínguez/elpais.com/ciencia

0 comentarios