ANIMAIS RAROS
Por animais raros entendemos ises seres de inconcibible aparencia e que non protagonizan lendas nin tampouco xorden dunha filmoteca, como aliens e outros monstros de ciencia ficción. A pesar da súa imaxe de pesadelo, ou de psicodélico soño, son animais reais como a vida mesma e habitan no noso mundo.
Imos coñecer algúns deles!
1. Eláfolo (Elaphodus cephalophus)
Este pequeno cérvido ten uns enormes cairos superiores ou cabeiros, propios dun superdepredador / Imaxe: Heush/bbvaopenmind.com
Imaxinemos por un momento Bambi, o inesquecible cervato de Disney, que se atopara cun sedento Drácula. O resultado do devandito encontro seguramente pareceríase moito ao eláfodo ou cervo de copete. Un pequeno cérvido que resultaría adorable de non ser por uns enormes cairos superiores ou cabeiros, máis propios dalgún superdepredador que deste elusivo habitante dos bosques de montaña vietnamitas. Pero o eláfodo non os emprega para cazar nin alimentarse: crese que recorre a eles como arma nas violentas disputas que libran os machos polo territorio. E en casos extremos, tamén para defenderse dos seus inimigos.
Mañá outro animal raro!
FONTE: www.bbvaopenmind.com/ciencia/biociencias
0 comentarios