QUE É, EXACTAMENTE O 5G?
Cada día oímos falar, maís e máis, do 5G. Pero, que é exactamente?
O “G” en 5G significa “Xeración”. A tecnoloxía inalámbrica para teléfonos tecnicamente comezou co 1G e, ao comezo dos anos 90, expandiuse ao 2G cando as compañías comezaron á habilitar que a xente enviase SMS entre dous dispositivos.
Máis adiante, o mundo coñecería o 3G, que deu ás persoas as capacidade de realizar chamadas, enviar mensaxes de texto e navegar por internet. O 4G mellorou moitas desas posibilidades que habilitou o 3G pero a máis velocidade.
As compañías engadiron entón o LTE (Long Term Evolution, evolución a longo prazo en galego) á tecnoloxía 4G. O LTE converteuse na modalidade de 4G máis consistente e máis rápida, competindo contra outras tecnoloxías como WiMAX/Wimax. A diferenza entre WiMAX/Wimax e LTE é similar ás diferenzas entre BluRay e HD DVD: ambas teñen prestacións similares, pero era importante crear un estándar que todo o mundo puidese usar. Iso é o que conseguiu o LTE, e provocou ademais que a tecnoloxía 4G fose aínda máis rápida.
O 5G será construído sobre os cimentos que o 4G LTE creou. Vai permitir enviar textos, realizar chamadas e navegar por internet como de costume, ademais de aumentar radicalmente a velocidade de transferencia. O 5G fará máis sinxelo que a xente descargue e suba contido en Ultra HD e vídeo en 3D. Tamén deixará un pouco de espazo para os miles de dispositivos conectados a internet que van empezar a popularizarse. Imaxina aumentar a túa conectividade utilizando en lugar dunha mangueira de xardín doméstico a dun camión de bombeiros. A diferenza será notoria.
De verdade é o 5G tan, tan rápido comparado co 4G? Dito de maneira breve: si. A velocidade será significativamente maior. Na actualidade, a velocidade de transmisión do 4GLTE chega ata o xigabit por segundo. Iso significa que se tarda ao redor dunha hora en descargar unha película relativamente corta en HD. O problema é que a xente de cando en cando experimenta a velocidade máxima de 4G porque o sinal pode ser alterada por demasiadas cousas: edificios, microondas, outros sinais de wifi... a lista segue e segue.
O 5G aumentará a velocidade de descarga ata 10 xigabits por segundo. Iso significa que unha película enteira en HD pode ser descargada en cuestión de segundos. Tamén reducirá a latencia de maneira significativa (ofrecendo por tanto tempos de carga menores). Permitirá, en resumo, darlle á rede as necesidades de conectividade que require para alimentar centos de miles de dispositivos conectados en fogares e lugares de traballo.
Como funciona? Xa hai varios grandes consorcios de teleoperadoras traballando para crear estándares globais de 5G. Aínda que a maioría destes estándares aínda non solidificaron de todo, os expertos esperan que sexa retrocompatible (co 4G e o 3G) ademais de engadir interoperabilidade ao longo e ao ancho do globo.
Por dicilo dunha maneira moi simple, os teléfonos móbiles son realidade radios de dobre sentido. Cando chamas a alguén, o teléfono converte a voz nun sinal eléctrico. Transmítea entón ata a torre de telefonía máis próxima usando ondas. A torre rebota o sinal a través da rede de torres ata que finalmente alcanza ao receptor. O mesmo ocorre cando envías outro tipo de datos (por exemplo fotos ou vídeo por WhatsApp).
Normalmente cando unha nova tecnoloxía de transmisión inalámbrica chega ao mercado (como ocorre co 5G), asígnaselle unha frecuencia máis alta. Por exemplo, o 3G ocupa a frecuencia de bandas ata os 20 Mhz. No caso do 5G, probablemente acabe na banda que chega ata o 6 Ghz. A razón pola que estas novas tecnoloxías ocupan bandas superiores é porque usualmente estas non están xa ocupadas e ademais moven información a máis velocidade. O problema, en cambio, é que os sinais con frecuencias máis altas non viaxan tan lonxe como as máis baixas, así que se necesitarán varias antenas (Mimos) que probablemente se usen para ampliar o sinal alá onde se ofreza 5G.
Cando estará dispoñible? Aínda que as operadoras e fabricantes de móbiles están facendo os seus primeiros anuncios relacionados con su implantación, non esperes, con todo, que chegue xa. A maioría de expertos predín que non estará completamente dispoñible ata 2020. Na actualidade Samsung é a empresa con mási familias de patentes neste campo, cun total de 1.194, seguida da china Huawei, con 986, que ten un gran problema con Estados Unidos.
Merecerá a pena. Se hai algo que ultimamente parece poñer a case todo o mundo de acordo é que este tipo de conexión é cada vez máis necesaria. E se queremos que unha visión do futuro onde miles de millóns de dispositivos permanecen conectados á rede, fai falta un novo protocolo. Iso será o 5G.
Para ampliar esta información, o vídeo da parte superior tena.
FONTE: es.gizmodo.com
0 comentarios