RESOLTO O MISTERIO DAS POLONIAS DA ANTÁRTIDA
Imaxe dunha polinia, un buraco no medio do xeo, formada en 2017, e co tamaño de Aragón / NASA
En 2016 e 2017 os científicos fotografaron dúas enormes polinias, espazos abertos de auga rodeados de xeo mariño, en metade do Mar de Weddell, ao oeste da Antártida. O buraco de 2016 tiña uns 33.000 quilómetros cadrados, pero o de 2017 tiña unha extensión de preto de 50.000 quilómetros cadrados, máis ou menos como a comunidade de Aragón. Por que aparecen estes enormes buracos en metade do xeo?
Un grupo de investigadores da Universidade de Washington (EE.UU.) tratou de pescudalo, recorrendo a imaxes por satélite, robots e focas equipadas con sensores. Tal como acaban de concluír en Nature, a orixe deste fenómeno está na acumulación dunha serie de anomalías oceánicas.
"Pensabamos que este gran buraco era algo raro, quizais un proceso que desaparecera. Pero os sucesos de 2016 e 2017 mostráronnos que non era así", indica o director da investigación. "As observacións mostráronnos que as recentes polinias abríronse por mor dunha combinación de factores: uns son as inusuais condicións do océano e os outros unha serie de intensas tormentas que se arremolinaron en torno ao Mar de Weddell con case a forza dun furacán".
Segundo os científicos, o proceso detrás da formación das polinias podería ter un impacto significativo en termos de cambio climático.
De feito, a mestura das augas podería traer á superficie enormes cantidades de carbono provenientes de animais que morreron ao longo dos séculos. Este proceso, se se repite co tempo, podería influír no aumento das temperaturas media.
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios