Blogia
vgomez

CAMIÑO DA GEIRA E DOS ARRIEROS

Non existe un só Camiño de Santiago, senón que hai tantos como peregrinos houbo desde hai centos de anos. O peregrino medieval comezaba o seu Camiño de Santiago na porta da súa casa e ía trazando o seu roteiro segundo a distancia e seguridade que lle ofrecían os camiños da súa época, xuntándose con outros camiñantes segundo íanse atopando.

Ao Camiño Francés, Camiño Portugués, Camiño do Norte, Camiño Primitivo, Camiño Inglés, Camiño Portugués pola Costa, Camiño de Inverno, Camiño Sanabrés, Vía da PrataCamiño Aragonés, Camiño Vasco do Interior e Epílogo a Fisterra-Muxía, hai que engadirn un moi pouco descoñecido, o Camiño da Geira e dos Arrieiros.



Parte de Braga (Portugal), vai pola Geira Romana (calzada romana que unía Braga e Astorga) ata a Portela  do Homem (fronteira con Galicia), e logo segue o principal Roteiro dos Arrieros (Camiño Ribeiro Miñoto, Camiño Breeiro) que transportaban o viño do Ribeiro ata Santiago.

Unha nova proposta moi interesante!

FONTE: debragaasantiago.com e pilgrim.es

0 comentarios