Blogia
vgomez

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2019/2020

Axenda escolar para o próximo curso 2019/2020 / Imaxe: papeleriasambra.com

Se hai uns días, remataban as clases e entregábanse as notas deste curso escolar, xa temos que ir pensando no próximo.

Hoxe publícase no DOGA a Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o próximo curso nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Os aspectos máis importantes son:

 Comezo das clases: No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2019 ao 19 de xuño de 2020, ambos inclusive.

Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 16 de setembro de 2019 ao 19 de xuño de 2020, ambos inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso áuniversidade (ABAU).

Períodos de vacacións: Nadal: desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive. Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020. Semana Santa: desde o día 4 ata o 13 de abril de 2020, ambos inclusive.

Días non lectivos: Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local non coincidan con días de clase, os consellos escolares poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica.

Día do Ensino: Co fin de unificar acelebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino o 31 de outubro de2019.

Para acceder ao todo o contido da orde preme AQUÍ.

FONTE: Conxellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

0 comentarios