CRUCIGRAMA XI
VERTICAIS: 1. Cabo situado na costa coruñesa, en plena Costa da Morte, destino final para moitos peregrinos do Camiño de Santiago 3. Cabo situado na Costa da Morte, concretamente no concello de Camariñas, na provincia de A Coruña 5. Cumio de 1.778 m, situado no Macizo Galaico, na provincia de Ourense, onde se atopa unha estación de esquí 8. Denominación do golfo que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, correspondéndose co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum 9. Lagoa, desecada nos anos 1950, que estaba situada na comarca da Limia, no centro da provincia de Ourense.
HORIZONTAIS: 2. Monte situado no concello de Santiago de Compostela, acadando os 641 m e que se atopa a 3 km do casco urbano 4. Illa que atópase no fondo da ría de Pontevedra, pertence ao concello de Poio, e que tivo un uso militar 6. Illas que forman un pequeno arquipélago do concello de Cervo (Provincia de Lugo), situado na costa cantábrica de Galicia, que xa eran coñecidas como Trileucos no século II a. C. polos gregos 7. Pico da serra do Eixe, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora, sendo o maior punto de altitude do territorio galego pois está a 2.127 m de altutude 10. Illa situada na punta nordeste do concello de Ribadeo (Lugo) e que acolle o principal faro da contorna 11. Cabo situado no concello de Cariño (A Coruña), sendo un dos punto máis setentrionais da Península Ibérica, só superado polo cabo da Estaca de Bares 12. Cabo localizado na parroquia de Oia (Vigo). A súa localización privilexiada cara á saída da ría e a súa orientación ao oeste fan deste punto un lugar inmellorable en canto a vistas sobre o Océano e as Illas Cíes.
0 comentarios