OLLO COS TEUS DATOS
Título orixinal: "Ojo con tus datos"
Ano: 2013
Duración: 55,33 min.
País: España
Guion: Marisol Soto
Realización: Carol González Matas
Produtora: RTVE
Iste documental, pertence a Documentos Tv de Televisión Española, levou o Premio Protección de Datos en 2014. De corte tradicional en canto ao formato, invoca á reflexión desde o inicio: “Que dicía ese contrato que asinei tras descargar a aplicación gratuíta? Podo opoñerme á información que aparece sobre min no buscador? Por que ninguén se cuestiona que Google ou Facebook sexan gratuítos?”. A través de numerosas entrevistas a expertos TIC, realiza unha análise bastante completa sobre cuestións como a privacidade, a seguridade e o dereito ao esquecemento. Lembramos litixios como o caso de Mario Costejá, consultor español cuxa débeda liquidada hai anos segue manchado a súa reputación profesional porque Google négase a deixar de mostrala nos resultados de procura. Ou a ximnasta Marta Bobo, perseguida polas noticias falsas do pasado que continúan relacionadas coa súa identidade dixital do presente. Tamén se aborda o tema da educación e a facilidade coa que os adolescentes entregan os seus datos.
Moi interesante!
0 comentarios