A VÍA LÁCTEA NON É COMO PENSABAMOS
Telescopio da Universidade de Varsovia e as Cefeidas descubertas / K. Ulaczyk/J. Skowron/OGLE/Universidade de Varsovia
Científicos da Universidade de Varsovia (Polonia) crearon o mapa máis vasto da Vía Láctea ata o momento. Os investigadores trazaron un modelo tridimensional a partir das estimacións das distancias a miles de Cefeidas, estrelas variables dispersas pola galaxia. Os seus resultados publicáronse en Science e mostran que o disco da Vía Láctea non é plano, senón que está curvado.
As estrelas variables ou Cefeidas son estrelas superxigantes moi novas que se caracterizan por experimentar variacións de brillo periódicas (dun a 100 días) moi intensas. Grazas a isto, pódese observar os seus cambios de «humor» mesmo a través dunha galaxia enteira.
Comparación dunha simulación (esquerda) e das observacións (dereita) das Cefeidas distribuídas polos brazos espirais / J. Skowron/OGLE/Universidade de Varsovia
Pero una das cousas máis interesantes das Cefeidas é que son candeas estándar. Isto quere dicir que son obxectos cuxo comportamento é tan predicible que observalo permítenos saber a que distancia están tanto elas como a súa contorna. Isto é moi importante, porque calcular as distancias astronómicas é un dos maiores problemas aos que se enfronta esta disciplina. Sen as distancias, resulta difícil saber que tamaño teñen as cousas, cal é a súa luminosidade e, en definitiva, cal é a súa natureza.
As Cefeidas levan décadas sendo empregadas como candeas estándar. Nesta ocasión, o equipo investigador fixo un importante esforzo para calcular a distancia a de 2.431 estrelas variables dispersas por toda a Vía Láctea, despois dunha extensa campaña de investigación (de nome Experimento Óptico de Lente Gravitacional ou OGLE) dobrase o número destas estrelas coñecidas. Todo isto requiriu contrarrestar a opacidade do po galáctico, concentrado no disco da galaxia.
Grazas a isto, os investigadores calcularon todas as distancias ata o Sol e crearon un mapa tridimensional a gran escala da Vía Láctea, que permitiu afinar o coñecemento sobre a forma e a curvatura do seu disco estelar. Desta forma, chegaron a unha estrutura que difire das predicións anteriores.
O mapa recentemente creado representa unha porción considerable da galaxia e achega información sobre a extensión e a forma do disco estelar.
FONTE:abc.es/ciencia
0 comentarios