COLÉMBOLO PANTASMA
Algo parecido a un verme aínda que con moita máis resistencia que calquera insecto coñecido acaba de ser redescuberta na Antártida. A criatura primitiva, chamada coloquialmente polo equipo que leva buscándoa décadas como “colémbolo pantasma”, sobreviviu a 30 eras glaciais, chamado así porque é branco coma unha pantasma.
Nun artigo publicado en Proceedings of the National Academy of Sciences, os investigadores utilizan a historia de pequenos animais antárticos microscópicos para solidificar exactamente como se desenvolveu a dinámica da capa de xeo ao longo do tempo e como afectaron os ecosistemas históricos.
“A historia evolutiva dos organismos biolóxicos pode corroborar o que inferimos da glacioloxía e a xeoloxía sobre o cambio climático no pasado”, explican. “Ao facelo, podemos predicir mellor como a vida na terra podería responder a este tipo de cambios agora”.
Os investigadores pasaron os últimos 20 anos colleitando mostras de seis especies diferentes de microartrópodos en 91 lugares da Antártida. Estes diminutos animais, coñecidos como colémbolos, viven no chan. Teñen unha mobilidade moi limitada e só poden colonizar áreas libres de xeo.
Durante as idades de xeo, as capas de xeo avanzan, expandindo a súa cobertura de espazo habitable, mentres que durante os períodos de quecemento, as capas de xeo contráense e fanse máis pequenas, deixando máis espazos abertos onde os animais do chan poden dispersarse.
Ao estudar as súas localizacións actuais e os patróns de diverxencia xenealóxica e evolutiva, os investigadores poden comprender mellor como a capa de xeo da Antártida occidental cambiou co tempo. Istes atoparon catro especies das criaturas, cada unha das cales mostraba poboacións xeneticamente distintas en lugares probablemente illados durante millóns de anos. As outras dúas especies eran menos diversas xeneticamente, aínda que a súa distribución estaba restrinxida.
Xuntos, estes patróns dan unha estimación independente do momento e a magnitude dos avances e retrocesos da capa de xeo da Antártida.
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios