Blogia
vgomez

CROSSVALLIA WAIPARENSIS: UN MEGAPINGÜÍN

Modelo do megapingüín, xunto a un adulto / Museo Canterbury

Científicos do Museo de Canterbury descubriron en Nova Zelandia o fósil dun xigantesco pingüín que acadou a altura dunha persoa adulta. O achado publicouse na revista Alcheringa: An Australasian Journal of Palaeontology. 

Crese que despois da extinción dos dinosauros, os réptiles mariños e dos peixes xigantes, chegou o momento dos grandes pingüíns. Estes nadaron polos océanos durante 30 millóns de anos. Pero despois, foron desprazados polos grandes mamíferos. Con todo, os fósiles atopados para poder reconstruír os detalles desta historia son escasos. 

Neste sentido, os autores deste traballo  indicaron que o descubrimento é relevante porque a ave atopada é similar a outro pingüín xigante achado na Antártida no ano 2000, o que axuda a conectar ambas as rexións. Ademais, adiantaron que fixeron outro descubrimento, aínda que aínda están a traballar niso.

A ave recentemente descuberta, que foi nomeada como Crossvallia waiparensis, alcanzou un peso de 80 kg e unha altura de 1,6 metros, 40 centímetros máis que o maior conxénere actual, o pingüín Emperador. Este animal viviu no Paleoceno, hai 66 a 56 millóns de anos, xusto despois da desaparición dos dinosauros.

O descubrimento produciuse grazas ao empeño de Leigh Love, un buscador de fósiles afeccionado, quen atopou varios fragmentos dos ósos das patas deste animal na beira do río Waipara, preto da cidade de Christchurch, na Illa Sur de Nova Zelandia. Dáse a circunstancia de que Love comenzo a súa afección hai 14 anos despois de que se lle diagnosticase unha síndrome de fatiga crónica.

Os autores do estudo contaron que os ósos indican que as patas do pingüín tiñan un papel importante na natación, ao contrario do que ocorre cos actuais.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios