Blogia
vgomez

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO V

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Mérida. Esta cidade  está situada na provincia de Badaxoz, sendo a capital da comunidade autónoma de Estremadura e sede das súas institucións de goberno. O detalle para identificar a fotografía é esa enorme ponte romana sobre o río Guadiana. Do século I, ten 762 metros de longo por 5 m de ancho, cunha altura de 11 m e 60 arcos de bloques de granito.

E Imos coa proposta de hoxe!

5. Identifica esta cidade:

- Xixón

- A Coruña

- San sebastián

- Alacant

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com

0 comentarios