QUE É A LISTERIA?
Imaxe microscópica da bacteria /
Estes días estamos a seguir nos medios de comuniación un brote de listeriose producido en Andalucia producido polo consumo de carne mechada contaminada. Pero que é a listeriose? A listeriose é unha denominación xenérica dun grupo de enfermidades de orixe alimentaria causadas por distintas especies do xénero Listeria, sendo a L. monocytogenes a máis frecuente e característica.
A Listeria é unha bacteria que se adapta moi ben a diferentes ambientes, coloniza todo tipo de comidas e inxéniase para multiplicarse mesmo no interior da neveira. Por iso é unha das principais causantes de infeccións alimentarias en todo o mundo.
Na maioría dos casos, esa contaminación non provoca problemas de saúde graves e queda nunha leve gastroenterite. Pero noutros, sobre todo se os afectados son anciáns, mulleres embarazadas ou persoas con afeccións previas, as consecuencias da infección poden ser tráxicas.
Síntomas?
As persoas cunha listeriosis invasiva adoitan desenvolver síntomas entre unha e catro semanas despois de inxerir algún produto contaminado. En mulleres embarazadas, estes signos poden non ser moi rechamantes e parecerse aos que habitualmente acompañan á gripe.
En cambio, en persoas maiores, a enfermidade, que pode provocar meninxite ou encefalitis, adoita mostrar outros signos, como dor de cabeza, rixidez no pescozo, confusión, perda de equilibrio e convulsións, á parte de febre e dores musculares.
Como evitala?
Para evitar contraer a infección, recoméndanse tres pautas sinxelas: lavar ben froitas e verduras, refrixerar adecuadamente os alimentos, non mesturar na neveira as hortalizas e as comidas xa elaboradas e nunca consumir lácteos e preparados que non fosen previamente pasteurizados.
Ademais, tamén recoméndase que produtos como o melón, que non adoitan consumirse enteiros dunha vez, mantéñanse refrixerados unha vez abertos.
FONTE: elmundo.es/salud
0 comentarios