Blogia
vgomez

O BIG DATA NA EDUCACIÓN

 

Para Viktor Mayer-Schönberger, o ’big data’ vai revolucionar a educación, tanto na forma de aprender como na de ensinar e mesmo na decisión da asignación dos recursos educativos por parte das administracións educativas. Desde unha educación uniforme e centrada na repetición, a análise de todos os datos que se van recollendo vai permitir deseñar unha aprendizaxe individualizada e personalizada así como adaptar os materiais e recursos ás demandas de cada alumno para que estean preparados para os desafíos e oportunidades que lles esperan no futuro.

É profesor de Regulación e Xestión da internet no Internet Institute da Universidade de Oxford, e un dos expertos máis recoñecidos internacionalmente no mundo dos datos masivos, aplicados a todo tipo de campos. Escribiu máis de cen artigos e oito libros, entre eles ’Aprender con big data’ xunto ao xornalista británico Kenneth Cukier. Ademais, colabora como asesor de diversas empresas e organismos, entre elas Microsoft e o Foro Económico Mundial.

0 comentarios