ENCLAVES DE ESPAÑA X
Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.
10. Enclaves de Navarra
Petilla de Aragón. Este enclave pertenceu a Aragón ata o século XIII. Entón, Pedro II de Aragón contraeu unha débeda de 20.000 maravedíes co rei de Navarra, Sancho VII. O monarca aragonés ofreceu Petilla e outras poboacións como aval da débeda. O préstamo non foi devolto e, en 1231, Petilla pasou a formar parte do reino de Navarra. Tres quilómetros ao sur de Petilla está Bastanes, un enclave navarro que tamén se atopa na provincia de Zaragoza e pertence a Petilla.
Continuará!
FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com
0 comentarios