EMPATÍA
É unha das maiores expertas mundiais en empatía. Esta educadora canadense é a fundadora e presidenta de ‘Roots of Empathy’ e ‘Seeds of Empathy’, dous revolucionarios programas educativos baseados no desenvolvemento da empatía e en promover a alfabetización emocional dende a infancia. Para Mary Gordon, “moitos dos problemas que arrastra a sociedade, como a violencia e a pobreza, son consecuencia da falta de empatía”. E engade: “Se a empatía é a solución ás situacións inxustas do mundo, por que non facemos nada?”.
Mary Gordon colaborou con numerosas institucións educativas e organismos internacionais, como a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), a Organización Mundial da Saúde (OMS), o goberno de Estados Unidos e a Fundación Nelson Mandela. Tamén se reuniu en dúas ocasións co Dalai Lama, quen chegou a asegurar que programas como ‘Roots of empathy’ serven para construír a paz mundial. En 2009, a Federación Canadense de Mestres outorgoulle o ‘Premio de Defensa da Educación Pública’. Na actualidade, Gordon forma parte da xunta directiva da ‘Fundación Ashoka’, unha organización internacional que apoia a emprendedores sociais de todo o mundo.
0 comentarios