Blogia
vgomez

COÑECES ESTA ÁRBORE? VI

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Faia. (Fagus sylvatica). É unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talle, que alcada os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. As follas son simples, alternas nos talos novos, nos adultos saen en fascículos sobre pequenos braquiblastos, e caedizas. Son de pecíolo curto, e o limbo é de forma ovalada, co bordo ondulado, en principio algo festonado e prolongándose nunha lanuxe sedosa moi característica. É planta monoica e médranlle as flores masculinas agrupadas en inflorescencias globosas ao final dun longo pedúnculo. As femininas saen en grupos dunha a tres, de cando en cando catro, sobre un pedúnculo curto e erecto, en principio de cor amarelada e despois pardo-agrisado. Carecen ambas de corola. O froito contén dunha a tres, xeralmente dúas sementes, con forma de tetraedro, alongados e lustrosos, comestibles (con sabor a pipa de xirasol) encerrados nunha cúpula cuberta de porcas bastante separadas. As súas follas empréganse no tratamento dos síntomas gripais, arrefriados, bronquites, farinxites, odontalgias, diarreas e para "rebaixar o sangue".

6. Identifica:

- Cerquiño

- Alaterno

- Aciñeira

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

0 comentarios