Blogia
vgomez

PRIMEIRO RETRATO ROBOT DUN DENISOVANO

PRIMEIRO RETRATO ROBOT DUN DENISOVANO

 Reconstrución artística do rostro da rapariga denisovana / Maayan Harel

Unha vangardista técnica de análise xenética permitiu obter o primeiro retrato robot dos denisovanos, unha misteriosa liñaxe co que os humanos modernos tivemos sexo e fillos hai decenas de miles de anos e cuxo aspecto físico foi un misterio ata o de agora.

Case todo o que se sabe deste grupo de humanos provén dun óso ridículamente pequeno: a falanxe da punta do dedo maimiño dunha nena que viviu hai máis de 50.000 anos na cova de Denisova (Rusia). As baixas temperaturas conservárano tan ben que desa pequena esquirla ósea púidose extraer o xenoma completo da nena, que mostrou que pertencía a unha liñaxe diferente, irmán dos neandertais. Estudos posteriores demostraron que os humanos modernos tivemos sexo e fillos cos denisovanos, o que explica por que persoas actuais de Oceanía teñen unha pequena porcentaxe de ADN denisovano. Entre os xenes transmitidos están os que permiten adaptarse á vida con pouco osíxeno a grandes alturas. Lamentablemente toda a información xenética do óso non puido dicir nin unha palabra de que aspecto tiñan os denisovanos, ou se de non extinguirse veriámolos diferentes a nós.

Nun traballo detectivesco digno da mellor ciencia forense, un equipo de científicos de España e Israel reanalizaron o ADN da nena denisovana para estudar non a súa secuencia xenética, senón marcas moleculares que quedaron  fosilizadas sobre esta e que se chaman metilaciones. Estas reacciones bioquímicas inflúen nos xenes, por exemplo facendo que se apaguen, o que á súa vez ten un impacto directo no aspecto físico dun individuo.

Para identificar o efecto concreto deses cambios químicos na anatomía os investigadores analizaron o xenoma de humanos actuais que por enfermidades hereditarias teñen eses mesmos xenes desactivados e sofren os seus efectos nun órgano concreto. Unha vez identificados cales impactan no esqueleto, os científicos comprobaron a validez da súa técnica para predicir a fisonomía de dúas especies de xenoma ben coñecido: os neandertais e os chimpancés. A capacidade de acerto foi do 85%.

Os científicos acharon 56 trazos anatómicos que diferencian aos denisovanos dos  neandertais e do Homo sapiens, a nosa propia especie. 34 deles están no cranio. Como era de esperar polo seu próximo parentesco, a reconstrución, publicada na revista científica Cell, mostra que os denisovanos parecíanse máis aos neandertais, cos que comparten a cara alongada e as cadeiras anchas. Tamén desvela trazos únicos, como unha boca e dentes máis grandes e unha cara moi ancha. En conxunto, o traballo permite mirar aos ollos aos denisovanos por primeira vez.

Os científicos aplicaron este primeiro retrato robot a un anaco de mandíbula achada na meseta tibetana de China e mostran que, como suxeriron os seus descubridores este mesmo ano, é dun denisovano.

FONTE: Nuño Domínguez/elpaís.com/ciencia

0 comentarios