SABES DE QUE CIENTIFICO/A ESTOU A FALAR? III
A solución á proposta do día anterior é Marie Curie (Varsovia-Polonia, 1867 - Passy-Francia, 1934). Morreu por unha anemia aplásica causada pola exposición á radiación de tubos de ensaio con radio que gardaba nos petos no traballo e na construción das unidades móbiles de raios X da Primeira Guerra Mundial. Polos seus estudos sobre a radioactividade, Marie Curie gañou o Premio Nobel de Física en 1903, compartido co seu marido Pierre Curie e con Henri Becquerel. Tamén se converteu na primeira muller en ser profesora da Sorbona; e en 1911 recibiu o Premio Nobel de Química, esta vez de maneira individual.
E imos coa proposta de hoxe!
3. Coñecido coloquialmente como o "pai da bomba atómica". É...
- Julius Robert Oppenheimer
- Robert Prosinečki
- Dwight David Eisenhower
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es
0 comentarios