CRUCIGRAMA XIX
VERTICAIS: 1. Instrumento musical de vento formado por un tubo oco con varios buratos 3. Instrumento de vento que consiste nun tubo metálico, polo xeral dobrado dúas veces sobre si mesmo, que se vai facendo máis groso pouco a pouco ata rematar nunha boca parecida a un embude e que está dotado de tres válvulas que se premen para conseguir diferentes notas 4. Instrumento de vento, de metal e tubo curvado, moi semellante á tuba 6. Instrumento músico de vento, formado por un longo tubo de madeira con chaves e furados, que se toca por unha embocadura que vai no cabo dun pequeno tubo curvado, con dobre palleta de cana 9. Instrumento musical de vento, consistente nunha especie de caixiña provista dunhas lingüetas vibrantes, que soa ao facelo escorregar sobre os labios, soprando ou aspirando a través da serie de orificios que ten nunha das caras.
HORIZONTAIS: 2. Instrumento músico de vento, con palleta sinxela na embocadura, e dunha soa cana de diámetro similar en toda a súa lonxitude e acabada en campá 5. Instrumento musical de vento formado por un tubo de metal en forma de cono, curvado coma un u 7. Instrumento de vento provisto de pistóns, que consta dun tubo cónico curvado en varias voltas e unha embocadura, e que emite as notas máis baixas, equivalentes ás do contrabaixo 8. Instrumento músico de vento formado por un tubo de madeira dividido en tres partes, con seis furados, dez chaves e dobre palleta, que emite un son semellante ao do clarinete 10. Instrumento de vento formado por un tubo metálico enroscado en espiral, que se vai facendo máis groso pouco a pouco ata rematar nunha forma parecida a un embude 11. Instrumento de vento semellante á trompeta pero de maior tamaño 12. Instrumento musical de vento formado por un fol, que se estende e contrae, e dúas caixas, unha a cada extremo do fol, cunha serie de teclas correspondentes aos sons que emiten.
0 comentarios