COÑECES ESTA ÁRBORE? XIX (FIN)
A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica).É unha especie de carballo monoico que habita en bosques caducifolios. Ten raíces profundas, cun eixo central e numerosas raíces horizontais estoloníferas. O tronco é dereito e de cor grisalla ou parda, grosa e con gretas; a copa é alta e ampla. As follas miden 8-16 x 4–12 cm, cun pecíolo de 5–20 mm; son simples, alternas, de forma elíptica e moi pinnatipartidas; teñen cor verde cincenta mate na face e abrancazada polo tomento no envés. As landras, de 1,5-4,5 cm, teñen unha cúpula que cobre máis da metade, e teñen un pedúnculo de non máis de 4 cm. Teñen flores unisexuais. Florecen entre maio e xuño.
Así remato esta serie, esperando que servise para coñecer, recordar ou ampliar coñecementos do mundo das árbores.
Ata a próxima serie!
FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp
0 comentarios