Blogia
vgomez

MÓNICO SÁNCHEZ

Corría finais de outubro de 1904 cando un mozo español chegou á cidade de Nova York para "facer as Américas". Saíra apenas unhas semanas antes de Cádiz con 60 dólares no peto.

Non sabía falar inglés, é máis, nunca o oía, o seu único contacto coa linguaxe de Shakespeare fora un curso de correspondencia a distancia. No impreso de inmigración que lle estenderon á súa entrada a Estados Unidos dixo como puido que o obxectivo da súa viaxe era "to  study" (estudar).

Non se pode dicir que faltase á verdade, xa que tan só tres anos despois obtiña o título de enxeñeiro pola Universidade de Columbia.

O seu nme é Mónico Sánchez (1880-1961), nacera en Piedrabuena (Cidade Real) e daría moito que falar a ambos os dous lados do Atlántico.

Co seu título universitario debaixo do brazo non lle faltaron ofertas, de todas elas a máis interesante foi a que lle ofreceron en Vana Houten and Ten Broeck Company, unha empresa relacionada coa instalación de aparellos eléctricos a nivel hospitalario.

Poucos anos antes tivera lugar uno dos avances tecnolóxicos de maior impacto na medicina, o descubrimento dos raios X. Debémosllo a un físico teutón, ao profesor  Wilhelm Conrad  Röntgen.

Os raios X supuxeron unha verdadeira revolución porque permitían ver o interior do noso organismo sen necesidade de ter que abrilo. O principal problema deste invento eran as súas dimensións, que o facían pouco manexable para o transporte. Precisamente neste punto foi onde Mónico Sánchez concentrou todos os seus esforzos.

Aplicando algúns dos avances que conseguira por aquel entón Nikola Tesla, o enxeñeiro croata afincado en Estados Unidos, deseñou o primeiro aparello de raios X portátil. Un dispositivo que se  ensamblaba e poñíase en funcionamento en apenas cinco minutos.

A súa innovación, patentada en 1910, que pesaba dez quilogramos fronte aos 400 dos equipos convencionais que había por aquel entón, conseguiu reducir un enorme moble ao tamaño dunha sinxela maleta de viaxe.

A innovación de Mónico tivo unha estupenda acollida dentro da comunidade científica e atopou a súa primeira aplicación poucos anos despois, durante a Primeira Guerra Mundial. Francia adquiriu 70 unidades que se instalaron en ambulancias de campaña.

Aqueles equipos móbiles àsaron á historia co nome de «petit curies», xa que foi a científica polaca Marie Curie a que «tuneó»  destartaladas camionetas ata convertelas en punteiros equipos ambulantes de radioloxía.

Foi unha idea sumamente enxeñosa, a de unir un equipo portátil de radioloxía a un medio de transporte, capaz de xerar a enerxía eléctrica que necesitaba para o seu funcionamento a partir dunha  dinamo.

En xaneiro de 1912, Mónico Sánchez cedeu de forma gratuíta un dos seus equipos de radioloxía portátil ao goberno español, e con esta doazón conseguirá salvar a vida de moitos soldados españois que se bateron na Guerra do Rif.

O éxito que cultivou Mónico Sánchez permitiulle regresar á súa terra e establecerse no seu pobo natal, onde construíu a súa propia empresa: «Laboratorio Eléctrico Sánchez», un enorme edificio de máis de 3.500 metros cadrados. Naqueles momentos este laboratorio convertíase nun dos principais centros de investigación española.

Tras a súa morte o Laboratorio Eléctrico Sánchez pechouse. Na actualidade está ocupado por un colexio, un centro de saúde e un centro cultural.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia

0 comentarios