Blogia
vgomez

ANIMAIS MIMÉTICOS: A PERFECCIÓN DA CAMUFLAXE

Algúns animais viven cun permanente disfrace todo o ano: son expertos en camuflaxe. Trátase de animais coa habilidade do mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe. Así, poden parecer follas, flores, ou mesmo unha criatura feroz para evitar ser atacados. O certo é que é unha técnica empregada tanto por depredadores como por presas.

Existen catro grandes categorías para clasificar os diferentes tipos de camuflaxe: inmobilidade,  coloración, patrón e non visual.

A primeira de todas, a inmobilidade, é a máis sinxela das técnicas. Como ben se intúe, consiste en permanecer completamente quieto nun mesmo lugar para acabar confundíndose entre a contorna.

A coloración, pola súa banda, é unha das máis rechamantes e espectaculares.  O animal adapta o seu corpo aos tons do hábitat no que se atopa e nalgúns casos, é realmente difícil  discernir entre paisaxe e animal.

Cando se fala de camuflaxe por patrón, facemos referencia ao tipo que desenvolven algúns animais simulando a textura que lles rodea. Normalmente, esta habilidade vai da man da camuflaxe por coloración, creando así unha  mimetización perfecta.

Todas estas técnicas teñen que ver co engano do ollo alleo. Con todo, existen outros métodos para pasar inadvertido entre especies que non utilizan a visión como sentido primario. Este é o caso da camuflaxe non visual, que potencia a camuflaxe a través da alteración de cheiros e son.

A sabedoría do reino animal non ten límites e a súa fascinante forma de vida revélanos día a día novos misterios e curiosidades. Nesta serie, veremos algunhas das especies máis expertas no engano.

1. Insecto folla xigante

O insecto folla xigante é unha especie de insecto pau e como podemos comprobar a súa camuflaxe é excelente. Utiliza unha coloración críptica para evitar aos depredadores. Adoita manterse inmóbiles durante moito tempo e poden ser atopados nos bosques tropicais de Malaisia. O curioso desta esta especie é que só existen femias; elas poñen ovos sen fertilizar desde os que nacen novas femias.

Continuará!

FONTE: Sarah Romero e María Moya/muyinteresante.es

0 comentarios