Blogia
vgomez

BANDEIRAS DO MUNDO LXVI

Esta é a bandeira de Canadá, un país ubicado no extremo norte do subcontinente norteamericano. A súa poboación rolda os 37 millóns de habitantes, sendo a súa capital Otava. Os seus idiomas oficiais son o inglés e o francés.

A bandeira é vermella cun cadrado branco no seu centro, dentro do cal hai unha folla de pradairo vermella de 11 puntas. A cor branca fai referencia ao emblema real francés utilizado no reinado de Carlos VII, a cor vermella fai referencia á cruz de San Jorge, que foi o emblema da primeira bandeira que ondeou en Canadá. A folla de pradairo fai referencia á natureza e a flora propias do país.

FONTE: gal.wikipedia.org e redleaf.es

0 comentarios