Blogia
vgomez

OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE III

A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é Respectar. Reducir, Reutilizar e Reciclar son os tres principios base da sustentabilidade, aínda que ultimamente tamén se falo do cuarto R: Recuperar, que propón a utilización do residuo xerado noutro proceso distinto do que o produciu, este poderase introducir no novo proceso directamente ou mediante algún tratamento previo.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Canta auga desperdicias se te lavas os dentes coa billa aberta?

- Uns 9 litros

- Uns 4 litros

- 200  ml

-  500 ml

Mañá a resposta e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

0 comentarios