Blogia
vgomez

ÁLBUM DE GALICIA

Consello da Cultura Galega acaba de presentar un novo recurso online, o Álbum de Galicia, unha ferramenta coa que pretende "poñer rostro ao país" a través dunha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: desde a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa.

O seu obxectivo é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa Historia. En moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país.

0 comentarios