CRUCIGRAMA XXX
VERTICAIS: 1. Este invento, fundamental para a comunicación, estivo disputado entre Antonio Meucci e Alexander Graham Bell, ata que o 11 de xuño de 2002, o Congreso dos Estados Unidos de América aprobou a resolución 269, na que se recoñece como o verdadeiro inventor a Antonio Meucci 2. Guglielmo Marconi foi un inventor italiano, ao cal se lle atribuíu a invención deste invento que nos ocupa, nun principio, pero pouco despois demostrouse que usara 17 das patentes de Nikola Tesla. En 1943, por votación do Congreso dos Estados Unidos, a invención deste aparato de información e ocio, foi dada definitivamente a Nikola Tesla 4. Este invento, de transporte, foi inventado e patentado por un dos nosos inventores en 1887: o enxeñeiro cántabro Leonardo Torres Quevedo (1852-1936) 7. Este invento, doce, correspóndelle a Enric Bernat Fontlladosa (1923-2003), e artista surrealista Salvador Dalí realizou un dos logos do produto 9. Este invento, esencial para a limpeza na época para o mundo femenino e hoxe para todos, foi inventado en España en 1964 por Manuel Jalón Corominas (1925-2011).
HORIZONTAIS: 3. A paternidade deste invento atribúeselle ao barón Karl Drais, inventor alemán nado en 1785. O seu rudimentario artefacto, creado ao redor de 1817, hoxe en día utilizase tanto como medio de transporte como vehículo de lecer 5. Este invento, precursor do actual helicóptero, é dun enxeñeiro de camiños, canais e portos e aviador español, Juan de la Cierva Codorniu (1895-1936) 6. Adóitaselle dar a autoría deste invento a un só home, ao fotógrafo e pintor Samuel Finley Beese Morse, que conseguiu crear en 1837 o primeiro aparello, pero realmente foi o resultado dunha cadea de achegas realizadas por varios investigadores. Algúns deses exemplos son Francisco Calvá e Campillo, Guillermo Eduardo Weber, Carlos Federico Gauss ou Carlos Augusto Steinhelque 8. Este invento, un dispositivo para gravar e reproducir sons, chegou da man de Eldridge R. Johnson e Emile Berliner 10. ESte invento, que cada vez vese menos nos tellados, realizouno en 1753 Benjamín Franklin.
Mañá a solución!
0 comentarios