CALENDARIO GREGORIANO
Un cambio que alterou a historia: o 4 de outubro de 1582 entrou en vigor o calendario gregoriano, norma de control do tempo civil e relixioso de toda a cristiandade, substituíndo ao almanaque xuliano creado por Xulio César 46 anos antes do nacemento de Cristo que estaba desfasado respecto a as estacións / Imaxe: bibliotecahistoricausal.wordpress.com
Seguimos cos calendarios do mundo. Hoxe tócalle ao calendario gregoriano ou o noso. Estamos a 30 de xaneiro de 2020.
Iste calendario é o que se utiliza na maior parte do mundo. Componse de 12 meses e 365 días, cun ano bisiesto cada catro para compensar o desfasamento deste calendario respecto a o que dura un ano astronómico, é dicir, o que a Terra tarda en dar a volta ao Sol. A referencia para o comezo deste calendario é o ano que se consideraba o nacemento de Xesús.
Empezouse a utilizar en Europa no século XVI, promovido polo papa Gregorio XIII. Substituíu ao xuliano, introducido por Xulio César no ano 46 a. C. Este calendario era similar, pero menos preciso: o desfasamento entre o ano astronómico e o calendario era moito maior que no gregoriano.
A modo de resumos, aquí tedes un cadro da situación, a día de hoxe, nos calendarios que ata agora levamos coñecido.
Mañá outros calendarios!
FONTE: J. Rubio /E. Sánchez/verne.elpais.com
0 comentarios