A EDUCACIÓN É IMPARABLE: OS MEUS MESTRES CONTRA O CANCRO
“Cando me dixeron que tiña leucemia con 14 anos, a miña primeira reacción foi de incomprensión. E a miña segunda reacción foi de enfado con todo o mundo, porque sabía que era un tipo de cancro e o cancro non podía significar nada bo”. A moza Cristina Olender pasou o últimos cinco anos da súa vida entre ingresos hospitalarios e estudos en casa para superar tres leucemias e un transplante de medula.
Grazas aos médicos, persoal sanitario, a súa familia e profesores conseguiu recuperarse e acceder á carreira de Medicina, que estuda actualmente. Nesta conversación coa súa nai, Mercedes Aguirre, reflexiona sobre cancro, adolescencia e educación. “Os meus profesores viñan a casa para darme clase, antes de ir eles ao colexio, e acudían ao hospital cando estaba ingresada. Envorcáronse tanto na miña recuperación que, sen eles, non podería estar onde estou hoxe. Non superaría o curso e selectividade. Fixéronme ser parte de quen son agora, grazas á súa lección de altruísmo incondicional”, conclúe.
0 comentarios