Blogia
vgomez

CRUCIGRAMA DO ENTROIDO

VERTICAIS: 1. AntigaS máscaraS do entroido de Castrelo de Cima no concello de Riós (Ourense), consistente nunha carauta de cartón duro, onde resaltan un afiado nariz con bigote e barba feitos de la de ovella de cor negra; cellas mestas; dentamia branca e unhas grandes orellas de papel; o traxe leva unha camisa de algodón con lazos de once cores e un calzón con flocos das mesmas cores; os complementos son un pano branco, faixa, botas, pololos e un pau chamado farrampo, ademais das fundamentais campás ao cinto  3.  Máscaras de xesto autoritario e sorriso socarrón, coroada pola ilustración dun animal ou ave rapaz representativa de Maceda (Ourense) 4. Mascaradas do Entroido de Bande (Ourense), na que a indumentaria non era especial, pero o normal era envolverse nun cobertor ou unha saba, con caretas feitas na casa de cartón, con  campanillas ao redor e unha vara; corrían polos camiños meténdose coas mulleres e os vellos 7. Máscaras característica do entroido de Laza (Ourense), na que a cabeza vai cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi); detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo; desta pelica venlle o nome.

HORIZONTAIS: 2.  Mascaradas do Entroido de Xinzo de limia (Ourense), cunha vestimaneta consistente nunha camisa e calzón brancos, capa vermella ou negra,  pañoleta (case sempre vermella), polainas e zapatos negros, unha faixa tamén vermella leva na cintura campaiñas, unha careta (que lle  dá o nome ao conxunto) feita de cartón, papel periódico, fariña, auga e pintura; para rematar as vexigas nas mans que se van golpeando 5. Personaxes do entroido de Allariz (Ourense), que leva roupa vella, careta e unhas bandoleiras con campaíñas 6. Personaxes do Entroido de Viana do Bolo (Ourense), que leva unha máscara de peso considerábel feita de pel de cabra ou de cartón, de cor rosa con barba e bigote, tallada en madeira de bidueiro e de cor negra; as dúas coroadas por unha gran pantalla de formas xeométricas adubiadas con fitas de moitas cores 8. Boneco que se queima ao acabar o Entroido 9. Personaxes do Entroido de Sarreaus (Ourense), cun traxe que leva unha camisa de liño con tres cintas entrelazadas de cor verde, negra e vermella; un chaleco de feltro negro e  polainas tamén negras con borlas vermellas, que van desde o xeonllo aos pés; faixa tamén vermella, colgando chócalas ou  campaiñas pequenas e borlas negras; unha careta feita de pasta de papel cun debuxo dunha cabeza dun touro no seu frontal, e con motivos diversos, principalmente celtas no seu parte posterior; un corno de vaca é imprescindible para chamar co seu son á festa  10. Personaxes característicos do Entroido de Verín (Ourense), na que cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi), levando detrás unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo, cun traxe composto por unha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores, levando sobre os ombreiros unha panoleta despurundada á chaqueta e unha gran faixa vermella enrolada á cintura suxeita o pantalón, lebando enriba o cinto do que colgan as chocas.

Mañá a solución!

Estamos de Entroido!

0 comentarios