Blogia
vgomez

UN ROBOT NUNCA PODERA SUBSTITUÍR A UN PROFESOR

 

Con tan só oito anos, o físico teórico Michio Kaku decidiu que dedicaría a súa vida para completar o traballo inacabado de Einstein: a teoría do todo. Con 16, e ante a admiración dos seus pais, construíu un acelerador de partículas no garaxe da súa casa. Precoz e visionario, este experimento doméstico foi a súa carta para Harvard. Acabou primeiro da súa promoción. 

O científico estadounidense é un dos fundadores da teoría de cordas, principal candidata a ofrecer a teoría unificada coa que unha vez soñou. “Cremos que explica a riqueza do universo, desde o Big Bang á creación das estrelas e o Sol, á creación dos humanos e, quizais, incluso o amor”, asegura. 

Hoxe, Michio Kaku ostenta a prestixiosa cátedra Henry Semat de Física Teórica na Universidade de Nova York e é un dos divulgadores científicos máis populares do mundo. Está convencido de que “o coñecemento é democracia, empodera” e sostén que “estamos ante a nova revolución da física e non podemos deixar á xente atrás”. A súa convicción é o xerme do seu traballo divulgativo. Colabora en varios programas de televisión e radio nos que, con linguaxe clara e directa, converte os conceptos científicos máis densos en alimento educativo para todos os públicos.

Ademais é autor de libros superventas como Hiperespacio, Física do imposible ou O futuro da nosa mente. O profesor Kaku cre que “os científicos son inventores de futuro” e atrévese a predicir como será o mañá: Internet nas lentes de contacto, atascos na lúa ou roupa intelixente para previr infartos. O seu futuro imaxinado descansa nos avances da física, a intelixencia artificial e a tecnoloxía. Ciencia de non ficción.

0 comentarios