O NUNCA VISTO: UNHA MANTA XIGANTE ROSA!
Nunha expedición nas augas da illa Lady Elliot de Australia, un mergullador atopouse con algo inaudito: unha mantarraia xigante de máis de 3 metros de lonxitude, a especie de maior tamaño, e que non só carece dun aguillón velenoso a diferenza das súas conxéneres, senón que ademais é de cor rosa.
Cando o fotógrafo de National Geographic, Kristian Laine, que foi a persoa que a atopou fronte a fronte, pensou que ver a manta de cor rosa debíase a que a cámara se estragara. Un efecto óptico? Nada máis lonxe da realidade. Era unha manta de cor rosa, e comicamente foi chamada "Inspector Clouseau" polo mítico personaxe "A Panteira Rosa"
Trátase dun exemplar que só foi visto unhas dez veces, preto da Gran Barreira de Coral.
Ver para crer!
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios