NON FOI O FRÍO QUEN MATOU AOS DINOSAUROS, SENÓN A ESCURIDADE
A comunidade científica acepta como certo que hai uns 66 millóns de anos un asteroide impactou na punta da península de Iucatán, no México actual, provocando un inverno global que durou varios anos e acabou co 75% das especies sobre a Terra, incluíndo os dinosauros. Con todo, non estivo tan claro cal foi o mecanismo exacto que arrasou coa vida. Foi o frío insoportable? A escuridade na que se sumiu o mundo? Agora, un novo estudo na revista Geophysical Research Letters cre ter a resposta.
O novo estudo simula as contribucións das emisións de xofre, po e feluxe do impacto á escuridade e os frío extremos do que se chama un inverno de impacto. E os resultados non deixan lugar a dúbidas: o frío sería severo pero probablemente non o suficientemente devastador como para provocar unha extinción masiva. Con todo, as emisións de feluxe dos incendios forestais mundiais escureceron o ceo o suficiente como para matar os vexetais na base da rede alimentaria durante máis dun ano. Aí está a clave.
O impacto do asteroide de Chicxulub arroxou material á atmosfera superior que logo choveu de regreso á Terra. As partículas de regreso tiñan suficiente enerxía para asar, literalmente, a superficie terrestre e desatar incendios forestais globais. A feluxe dos incendios, xunto cos compostos de xofre e o po, bloquearon a luz solar e causaron un inverno que durou varios anos. Investigacións anteriores estiman que as temperaturas globais media caeron en polo menos 26º C.
Os científicos saben que a extrema escuridade e o frío foron devastadores para a vida, pero aínda están a separar que compoñente foi o máis daniño. No novo estudo, os investigadores utilizaron un modelo climático sofisticado para simular os efectos climáticos da feluxe, os sulfatos e o po do impacto.
Os seus resultados suxiren que as emisións de feluxe dos incendios mundiais absorberon a maior cantidade de luz solar durante o maior tempo posible. Ata o punto de que os niveis de fotosíntesis caeron por baixo do 1% do normal durante máis dun ano. «En comparación co po, que non permaneceu na atmosfera tanto tempo, e o xofre, que non bloqueou tanta luz, a feluxe podería impedir que case toda a luz chegue á superficie durante polo menos un ano», di o autor principal do novo estudo. «Parece que estas condicións de pouca luz son unha explicación probable para gran parte da extinción», engade.
A escuridade sería devastadora para a fotosíntesis e podería explicar a extinción masiva a través dun colapso da rede alimentaria, segundo os investigadores. Toda a vida na Terra depende de fotosintetizadores como plantas e algas que cultivan enerxía da luz solar.
Curiosamente, a caída de temperatura probablemente non foi tan perturbadora para a vida como a escuridade. En rexións como as altas latitudes, os resultados suxiren que os océanos non se arrefriaron significativamente máis do que o fan durante un ciclo normal das estacións.
Como resultado, as rexións costeiras de latitudes altas poden ser refuxios para a vida nos meses posteriores ao impacto. Segundo os investigadores, as plantas e os animais que viven no Ártico ou na Antártida xa están afeitos a grandes cambios de temperatura, frío extremo e pouca luz, polo que poderían ter unha mellor oportunidade de sobrevivir ao impacto do inverno.
Os resultados tamén proporciona información sobre o que podería suceder nun escenario de inverno nuclear. «O principal impulsor é en realidade a feluxe nunha situación de tipo similar», apuntan os investigadores. «O que realmente destaca é canto potencialmente impactante pode ser a feluxe no sistema climático».
FONTE: abc.es/cencia
0 comentarios