Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GALICIA LV

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Astronomía. Comezou a súa afección á observación astronómica cun anteollos de 75 mm de apertura que lle regalara a súa avoa  cando era seminarista. A este primeiro instrumento engadiu un teodolito, tamén regalado. Estes foron os primeiros instrumentos que montou no observatorio que instalou na galería da súa casa. Con eles, e algún outro instrumento auxiliar como un cronómetro da Mariña, realizou as primeiras observacións sistemáticas de cosmos que chegaron a ser recollidas no Anuario do Observatorio de Madrid. En 1912 constrúe en Lalín o primeiro observatorio astronómico de Galicia. Logo realizou unha serie de observacións xunto con estudos teóricos que foron publicadas na Revista da Sociedade Astronómica de España e América. En 1943 constrúese un observatorio na Universidade de Santiago onde trasladan os instrumentos de Lalín e en 1944 créase a Cátedra de Astronomía para el. O 30 de xuño de 1943 presenta a súa tese doutoral na Universidade de Madrid co tema Algunhas experiencias que convén realizar nas observacións de pasos por verticais e ese mesmo ano é nomeado Director do Observatorio Astronómico e edita Introdución á Astronomía, obra que viña preparando desde a súa mocidade. Amplía o observatorio cun telescopio de pasos que achegue o Consello Superior de Investigacións Científicas. En 1945 crea a sección de Astronomía Teórica e Matemáticas Durán Loriga xerme do que logo sería a Facultade de Matemáticas. Durante os anos 40 e 50 o observatorio atópase en pleno rendemento publicándose eses traballos en publicacións do observatorio de Santiago. Nese tempo é tamén cando se crea a cátedra de astronomía que dirixe Aller ata 1949 que é nomeado Catedrático extraordinario de astronomía. En 1948 é nomeado membro da Comisión 26 da Unión Astronómica Internacional de Zúric e publica o libro Astronomía a primeira ollada. hai que indicar que foi un gran matemático.

E imos coa pregunta de hoxe!

55. Á vista da imaxe superior, que sería O couto misto/O couto mixto?

- Un camino empregado para o contrabando entre Galicia e Portugal

- Un microestado.

-Un parque natural formado por teritorios galego e portugués.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: Fabio Mendes/wikipedia.org

0 comentarios