Blogia
vgomez

O ALTRUÍSMO É PODEROSO



O escritor e monxe budista Matthieu Ricard é considerado un dos pensadores máis influentes do noso tempo e “o home máis feliz do planeta”. Despois de doutorarse en Bioloxía Molecular, da man do Premio Nobel de Medicina, François Jacob, Ricard abandonou a carreira científica e trasladouse aos Himalaias para estudar cos grandes mestres tibetanos. Hoxe desenvolve a súa investigación humanista e neurocientífica no Mind and Life Institute, co-fundado polo Dalai Lama, de quen foi intérprete durante décadas.

Despois de moitos anos escoitando a homes e mulleres sabias, despois de 50 anos nos Himalaias, e despois de relacionarme con científicos... cheguei á conclusión de que entre todas as calidades humanas que contribúen á felicidade, a máis importante é ter unha mente bondadosa, desexar o ben aos demais, aliviar o seu sufrimento”, afirma  Ricard, quen reuniu o seu pensamento en libros como ‘A arte da meditación’, ‘En defensa da felicidade’ e o recente ‘En defensa do altruísmo’.

Precisamente o altruísmo é a súa resposta aos tempos incertos que vivimos. “Necesitamos un concepto común para traballar xuntos e construír un futuro mellor. E con egoísmo non se logrará. O único que funcionará é ser máis considerados cos demais, poñer o benestar dos cidadáns como prioridade. O altruísmo, a benevolencia, non é unha idea utópica. É o único concepto, o máis pragmático, para construír un mundo mellor. Temos que atrevernos a ser altruístas, ensinar a selo, fomentalo. Ten que ser a revolución pacífica do altruísmo”, conclúe.

0 comentarios