CANTO SABES DE GALICIA LXII
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Estaño. Deste mineral (Sn), hai moitas máis minas en Galicia: San Finx (Lousame), A Trigueira (Lalín), Fontao (Vila de Cruces), Vilarbacú (Quiroga), Pesqueiras (Forcarei), As Sombras (Lobios)…
E imos coa pregunta de hoxe!
62. Para desenvolver a vida cotiá o ser humano ten a necesidade de relacionar e comparar os corpos. Unha forma de facelo é a través dunha magnitude (lonxitude, superficie, masa, etc.). Medir unha superficie, por exemplo, é comparala con outra, que se toma como unidade, para saber cantas veces contena. En Galicia empregamos varias unidades, que poden variar moito dun lugar ao outro. Na seguinte lista hai unha que NON se emperaga para medir superficies. Cal é?
- Copelo
- Cavadura
- Ferrado
- Moio
- Fanega
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es, lavozdegalicia.es, info.igme.es Imaxe: domohomo.es
0 comentarios