Blogia
vgomez

A TERRA VOLVE QUEIXARSE

Situación 1 (Estrómboli) e 2 (Etna) / Imaxe: meteoweb.eu

Se hai uns días falabamos do volcán Krakatoa, en concreto o pasado día 11, cando entraba en erupción, agora entraron e erupción o Etna e o Estrómboli. Ambas fontes naturais chegaron ao seu máximo de actividade onte, domingo, chegando a expulsar "unha fonte de lava".

O que máis alertou foi o Etna, pola súa coñecida virulencia en tempos pasados. É o volcán máis grande de Europa en activo e calquera mínima actividade provoca que se extremen as precaucións. Durante a mañá do domingo unha columna de fume fíxose permanente saíndo do seu cráter. A actividade empezou no histórico volcán o pasado venres e mantívose durante a fin de semana ata chegar a rexistrar unha explosión de cinza que chegou ata os cinco quilómetros de altura. Á primeira hora da mañá deste domingo aumentaba aínda máis a súa actividade e o departamento italiano informaba dunha "pequena fonte de lava" detectada polas cámaras de vixilancia, que durante toda a xornada mostraban a columna de fume saíndo do cráter do Etna.

Mentres iso pasaba preto de Catania, ao norte de Sicilia a actividade volcánica tamén provocaba que se extremasen as precaucións. O Estrómboli, que chega ata os 924 metros de altura, tivo o onte, domingo, un "desbordamento de lava" na súa área norte, aínda que a actividade "retornou aos "parámetros normais" ás últimas horas do día. Este volcán xa provocou varias erupcións durante o verán de 2019, unha delas no mes de xullo acabou coa vida dunha persoa.

Será casualidade de tanta activiade en distintos puntos do planeta?

FONTE: lasprovincias.es

0 comentarios