CANTO SABES DE GALICIA LXVIII
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é o Can Palleiro. Esta raza de can, de tamaño medio, tradicionalmente, era ou can por antonomasia do agro galego e a súa función era a de can pastor e tamén de garda, mais hoxe en día hai exemplares adicados a distintas funcións, como axuda a discapacitados, cans de terapias. Estivo a piques de desaparecer por mor dos cruzamentos con outras razas. A orixe da raza remóntase ós cans pastores que empregaban as tribos das rexións do centro de Europa, os antergos comúns doutras razas de cans como o pastor alemán, o pastor belga e outros cans pastores europeos.
E imos coa pregunta de hoxe!
68. Seguro que para moitos, especialmente vecinos de A Guarda (Pontevdra) e visitantes desta zona, a imaxe superior é coñecida. Para os que non a coñecen está en Camposancos, concretamente na Pasaxe. Este edificio albergou un importante colexio Xesuíta, sendo a súa construción, a orixe das universidades de Deusto e Comillas. Pero tamén pasou este edificio á historia por algo, totalmente diferente. Saberías dicir a que?
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es, lamarea.com Imaxes: lamarea.com
0 comentarios