Blogia
vgomez

UNDERWATER PHOTOGRAPHER OF THE YEAR 2020

 

O concurso Underwater Photographer of the Year , o certame de fotografía subacuática máis prestixioso do mundo amosa os gañadores 2020.

Na edición deste ano presentáronse máis de 5.500 instantáneas de fotógrafos de 70 países distintos. O Fotógrafo subacuático do ano 2020 é Greg Lecoeur, un francés que presentou ao certame unha fotografía dun iceberg da Antártida rodeado de focas  cangrejeras, unha especie que vive en pequenos grupos familiares entre bloques de xeo. Lecoeur tomouna durante unha expedición á Península Antártica mentres exploraba, xunto a un cineasta e un apneista experimentados, os baixos dun iceberg que flotaba á deriva.

En total, o Underwater Photographer of the Year consta de 13 categorías distintas. Para ver as fotos gañadoras e finalistas preme AQUÍ.

FONTE: underwaterphotographeroftheyear.com

0 comentarios