UN VÍDEO PERDIDO DO EXTINTO TIGRE DE TASMANIA
Grazas ao Arquivo Nacional de Cinema e Son de Australia (NFSA) podemos ver novas imaxes en vídeo do último membro coñecido desta especie, ao que vemos nunha gaiola pequena e sucia sita no zoolóxico de Beaumaris en Hobart, Tasmania.
Crese que o tigre de Tasmania extinguiuse en 1936, cando "Benjamin", o último membro confirmado da especie, morreu en cativerio no devandito zoolóxico. Non se conservan moitas imaxes deste animal e, de feito, crese que existen menos dunha ducia de películas, todas tomadas de animais cativos no zoolóxico de Beaumaris en Hobart, Tasmania e o zoolóxico de Londres.
O vídeo, de apenas 21 segundos, gravouse en marzo de 1935. Só 18 meses despois de morrer Benjamin, e o 7 de setembro de 1936, a especie extinguiuse (aínda que non todos os científicos estean de acordo).
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza Imaxe: iStock
0 comentarios