Blogia
vgomez

MARABILLAS DA ENXEÑARÍA CREDAS POLA NATUREZA (II)

MARABILLAS DA ENXEÑARÍA CREDAS POLA NATUREZA (II)

Isurus oxyrinchus / Imaxe:wikiwand.com

Copiar á natureza foi e segue sendo un dos principais motores da ciencia. A ciencia aínda busca na natureza a súa fonte de inspiración. Hoxe a segunda entrega dunha serie de proxectos de enxeñería baseados no medio natural: Embarcacións máis veloces e traxes de neopreno imitando a pel da quenlla.

As particularidades da pel da quenlla suscitan o interese dos enxeñeiros, que viron nas súas propiedades hidrodinámicas un modelo para imitar á hora de deseñar elementos que se despracen na auga. Nun proxecto financiado polo Gobierno Vasco e pola Comunidade Económica Europea, liderado polo centro tecnolóxico AZTI e coa colaboración dun equipo de investigación da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Bilbao, traballaron durante anos para descubrir as claves desa portentosa capacidade dos escualos para optimizar o seu desprazamento na auga.

Os investigadores estudaron o Isurus oxyrinchus, quenlla Mako ou maraxo azul, a especie mariña máis veloz que se coñece e que pode alcanzar velocidades superiores ao 70 km/h. A peculiaridade da pel destes animais radica en que está recuberta de dentículos dérmicos similares en certa medida a escamas, que están adaptados na súa forma, tamaño, densidade e orientación aos requirimentos hidrodinámicos de cada parte do corpo do animal.

Os resultados do traballo científico terán dous sectores de aplicación principais: por unha banda, conseguir embarcacións máis veloces e que consuman menos combustible a través dunha nova xeración de recubrimientos para o casco dos barcos; e, por outro, fabricar unha nova xeración de traxes de neopreno para nadadores de competición.

FONTE: Revista Consumer

0 comentarios