A FLOR MÁIS GRANDE E A MÁIS PEQUENA
As plantas con flores son o grupo máis numeroso dentro do reino das plantas: existen flores campá, de cores, exóticas, acuáticas...
Pero cal é a flo máis grande? E a máis pequena?
Rafflesia arnoldii é a que ostenta o récord da flor máis grande, a nivel individual. É orixinaria do sueste asiático e pode chegar a medir ata 91 centímetros de diámetro e pesar ata 11 quilos. Os seus colosais pétalos teñen un grosor de 1,9 centímetros. Non ten follas, talo ou raíces, senón que crece en forma de rubidoira nas selvas tropicais. Tamén a coñecerás polo seu sobrenome, ’a flor cadáver’, porque cheira, literalmente, a carne podrecida.
Unha pequena lentella de auga tropical (Wolffia angusta) é a planta con flores máis pequena do mundo. Algunhas especies miden menos de 0,5 mm de ancho, mesmo cando están completamente desenvolvidas. Vense en cores como amarelo, laranxa, rosa e vermello.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios