O XESTO AMBIENTAL DO MES DE XUÑO
O cuarto de baño é unha das habitacións do fogar que, polo xeral, concentra máis plásticos en menos espazo: están os botes de xel, champú e xabón de mans, os cepillos de dentes, os bastonciños, as coitelas de afeitar, os botes e tubos de cremas, os produtos para a regra e os seus envases, a esponxa, etcétera. Xuño pode ser o mes no que vaias plantexando como substituír todos estes plásticos por outras alternativas cando acaben a súa vida útil. Aquí van algunhas ideas:
- Cepillo de dentes: pode substituírse por un de bambú con sedas naturais.
- Champú, xel e cremas: moitas tendas de cosmética teñen á venda produtos coñecidos como naked (espidos), que van en formato pastilla e sen envase. Hai desde xabón a champú, e tamén cremas hidratantes. Algunhas tendas de produtos a granel tamén venden champús e xeles a granel, para encher os envases xa utilizados.
- Bastonciños: hai que deixar de empregalos, pero mentres hainosbastoncitos co pauciño de cartón, á venda en moitos supermercados ou, para os que prefiran unha alternativa que non xere desperdicios, bastonciños lavables e reutilizables á venda en tendas online especializadas.
- Desodorizante: pode substituírse por alume (en barra ou en po) ou por un desodorizante con base de manteiga en pastilla.
- Coitelas de afeitar: pódese optar por maquinillas ou coitelas reutilizables.
- Produtos para a menstruación: hai alternativas ecolóxicas e reutilizables, como a copa menstrual, as braguiñas que absorben o fluxo, as compresas de tea lavables…
- Esponxa: podes substituíla por unha natural ou, se utilizas unha pastilla de xabón, deixar de usala.
FONTE: P. Cantó/L. Bou (Ilustración)/Verne/elpaís.com
0 comentarios