AS MARABILLAS NATURAIS MÁIS ESTRAÑAS DA TERRA (XII)
Continúo coa serie as marabillas naturais máis estrañas da Terra, onde viaxaremos polo mundo natural, que nos amosa formas caprichosas, ecosistemas ancorados en milenios pasados, formas misteriosas,...
Hoxé imos a...
12. Catarata de sangue do glaciar Taylor (Antártida)
Na antártica terra de Vitoria, os vales secos de McMurdo, cos seu 4.800 km² de extensión, un dos climas máis extremos do mundo e estériles chans de grava esparexida, considéranse o lugar do noso planeta máis similar a Marte. Constitúen a maior zona desprovista de xeo do Continente Blanco. E, aínda que non recibiron precipitación algunha nos últimos dous millóns de anos, algúns teñen lagos permanentemente conxelados con capas de xeo de varios metros de espesor e auga extremadamente salgada baixo as mesmas; lagos que, segundo sospeitan os científicos, conterían datos sobre como xurdiu a vida na Terra e en que circunstancias podería desenvolverse esta en os universos do espazo exterior.
A clave de tal sospeita constitúea un sensacional achado realizado en 1960 na cara frontal do glaciar Taylor, situado nun dos vales secos: a catarata de Sangue, alta como un edificio de cinco pisos, así bautizada polo matiz vermello intenso das súas augas salobres. Este aspecto sanguento, tan magnífico como horrible, atribuíuse, en principio, á presenza de algas ferruginosas, pero a súa verdadeira natureza revelouse moito máis misteriosa. E é que os óxidos de ferro, responsables, si, da coloración da catarata, proceden da actividade metabólica dunha estraña forma de vida microbiana que o glaciar Taylor, ao selar unha cubeta de auga salgada baixo os xeos neozoicos, encarcerou nela. Trátase dunha colonia de bacterias anaerobias que evolucionou emancipada do resto das formas viventes, illada nunha cápsula de tempo, en ausencia de osíxeno, luz e calor.
En resumo: esta fría salmoira primixenia do lago subglaciar, escapando por unha greta da lingua sen que o ecosistema interno sufra alteración, é a responsable de algo tan fermoso e visceral como a catarata de Sangue destes vales secos, en cuxas abatidas extensións a NASA estivo probando os seus instrumentos desde as misións Viking a Marte. Porque, como asegura Jill Mikucki, microbióloga da universidade de Tennessee, "se atopamos vida alí, é máis que probable que se pareza a esta que descubrimos na Antártida".
FONTE: Javier Jayme/abc.es
0 comentarios